16/05/2023

LETRAS GALEGAS 2023

 

LETRAS GALEGAS 2023

 

 O 17 de maio é unha data marcada no calendario para todos os galegos e galegas. É o momento de homenaxear a nosa lingua e a nosa literatura. É o Día das Letras Galegas. E este ano celebrámolo lembrando a figura de Francisco Fernández del Riego, historiador, ensaísta, xornalista, tradutor e novelista. Foi un dos principais impulsores da Editorial Galaxia nos anos 50.


 v      Curiosidades...

Para ser elixida, a Real Academia Galega ten en conta dous requisitos:


 1. Ser autor dunha obra relevante en galego.

2. Que pasaron 10 anos entre a súa morte e a designación para ese día.

 Non todos os autores homenaxeados naceron en Galicia. Un par de exemplos son os casos do rei Afonso X o Sabio, que naceu en Toledo, pero escribiu en galego-portugués.

 

v    E quen será o seguinte homenaxead@?


    Haberá que esperar un ano para sabelo, pero non para celebrar o Día das Letras Galegas, podemos celebralo todo o ano falando galego e lendo a nosa literatura.

 

Feliz día das Letras Galegas a tod@s vós!

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Revista Escolar 2023

 Xa temos aquí a nosa revista escolar do ano 2023. Se a queredes impresa, só tedes que cubrir o seguinte formulario en liña (tardades menos ...