19/12/2022

O APALPADOR

 






O APALPADOR



 





O APALPADOR

O Apalpador é un personaxe propio da cultura do oriente galego, sobre todo nas montañas do Courel, dos Ancares e da zona do Cebreiro. É un paio, que baixa do monte o 24 e/ou 31 de decembro para palpar a barriga dos nenos durante a noite e ver se comeron abondo durante o ano. No caso de que fose así, di "así, así, estar así todo o ano". Senón non diría nada. En ambos os casos, déixalles comida, normalmente castañas, e moi ocasionalmente algún agasallo extra.

O seu aspecto físico é o dun home vello, amable, pelirrojo, barbudo e bastante alto, ás veces mesmo definido como un xigante. Leva unha boina, vístese cunha chaqueta e pantalóns remendados de cores e fuma en pipa. Para alimentarse, come froitas que recolle e caza xabarís.



15/11/2022

  O Noso Magosto 2022



    O Venres 11 de novembro celebramos o Magosto no noso cole rescatando xogos dos nosos avós e avoas: a petanca, os trompos, chapas, a pita cega... e coma non, degustando ese produto tradicional galego deste tempo de outono, as castañas.


Deixámosvos algún recordo deste bonito día


















 
 

27/06/2022

As nosas lideiras

 E co remate dun novo curso chega por fin a nosa revista escolar, As nosas Lideiras.

Agardamos que sexa do voso agrado e que vos permita lembrar co paso dos anos todos eses momento vividos na escola polos vosos fillos e fillas.

Vémonos en setembro.



24/05/2022

5º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

 Dendo centro educativo animámosvos a participar no 5º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.



Ponte…nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. 

Nesta edición, como novidade,inclúese unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio.

Podedes ler as basen en:

 http://escolasnasondas.com/5o-certame-de-recolla-das-imaxes-e-podcasts-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/
 

ou simplemente entregarno no centro educativo a imaxe correspondente coa súa explicación.

  O  prazo para participardes remata o 17 de xuño

http://escolasnasondas.com/wp-content/uploads/2022/01/dipticoA5-certame2022_GAL.pdf

O Certame terá dúas categorías:

 • Na primeira poderá participar o alumnado de Infantil e Primaria. 

• Na segunda poderá participar alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos do sistema educativo galego. 

2. As fotografías deberán conter imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial e estar tomadas en datas anteriores a 1970.

3. Presentaranse dixitalizadas, coa maior resolución posible, en formato jpg ou png. 

4. Cada imaxe acompañarase dun texto libre, onde se poderán detallar os datos básicos da foto, onde está tomada, quen aparecen nela, data aproximada na que foi feita e unha explicación do que se ve, relatando a relación desa imaxe co Patrimonio Cultural. O texto debe enviarse por separado en formato Word, OpenOf- ce ou na propia mensaxe de correo electrónico. Terá unha extensión máxima de 150 palabras.

5. Cada participante só poderá achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a presentación de imaxes de fóra dese ámbito. 

6. Cada centro educativo poderá participar coa cantidade de fotografías que desexe.





Entrega de premios

 Xunto co Equipo de Biblioteca preparamos un pequeno agasallo para o alumnado gañador do Concurso de marcapáxinas das Letras Galegas.










Os nosos marcapáxinas

 Tras unha difícil deliberación o claustro de profesorado do CEIP de Marcón decidiu premiar os seguintes marcapáxinas do alumnado. 









Agradecemos a colaboración, o traballo e o esforzo do alumnado de todos os niveis... SODES UNS ARTISTAS e puidemos comprobar que recollestes ben a esencia da figura de Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

Miles de grazas a todos e todas.

02/05/2022

O rosco de Florencio Delgado

 Animádesvos a completar o rosco de Florencio?

Preme na seguinte ligazón  para acceder:

https://view.genial.ly/61d2eabfd2c6070de78019db

Xogamos con Florencio?

 E que vos parece agora un Genially para xogar e aprender sobre  Florencio Delgado e sobre o Día das Letras.

Preme na seguinte imaxe para acceder:



Demostramos o aprendido

 E agora que xa sabemos tanto sobre Florencio Delgado é hora de demostralo. 

Na web do Seminario Galán temos múltip`les actividades para poñer en práctica o aprendido.

Preme na imaxe para acceder.






26/04/2022

Poemas musicados de Florencio Delgado Gurriarán

 Deixámosvos aquí unha curtametraxe documental coa música e interpretación de Anxo Rei sobre poemas de Florencio, aparecen no documental Víctor Freixanes, Lucio Santalla Quiroga, Camilo Valdehorras, Chus Delgado, Luis Manuel Gurriarán, Ricardo Gurriarán, Paco Campos, Josefa Álvarez e Xesús Alonso Montero que nos comentan distintas anécdotas da vida do poeta.



Semana das Letras Galega

 Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a Florencio Delgado Gurriarán e no colexio imos ir pouquiño a pouco empezando a traballar sobre a súa figura.

Empezamos?




O noso autor veu a nacer na aldea de Córgomo, Concello de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903 nunha familia de clase media propietaria, que posuía grandes extensións de terreo dedicadas á agricultura. Foi o último de cinco irmáns que foron educados no respecto á terra, ás tradicións e ao idioma galego.

“Agro, viño, comercio, relixiosidade, amor pola terra, lingua, natureza e galanteo, foron os elementos que estiveron presentes ó longo do percorrido de FDG polo mundo adiante e que en parte influíron na súa vida e obra”

Os seus primeiros anos pasounos en Córgomo ata que con 6 anos comezaron as mudanzas a distintas cidades debido á profesión de seu pai, perito agrónomo.  Pasou os seus primeiros anos de escola na cidade de Ourense, de aí chegaron a Palencia con 10 anos onde residirá ata 1914 cando un xa mozo Florencio chegou a Valladolid onde realiza os seus estudos de Dereito. Este percorrido incesante permitiu que os fillos da familia Delgado Gurriarán tivesen acceso aos estudos, ao contacto coa cultura … Sen esquecer os vencellos coa orixe a través das visitas ao Córgomo natal para pasar o verán, nunha sorte de regreso ao paraíso perdido e máxico que de seguro influíu na imaxe que os seus textos proxectan de Córgomo.

Coa carreira rematada regresou a Valdeorras no 1928, mais o xermolo desta necesidade de regreso, de desacougo e morriña da terra vírase incrementado tempo atrás  coa morte de súa nai cando el contaba 18 anos de idade. Na cidade de Valladolid foi tamén onde comezou  a súa formación política, foi a primeira vez que caeu nas súas mans un exemplar de A Nosa Terra, xornal que difundía o ideario das Irmandades da Fala:

“Eu era un galeguista por libre, pensaba que non había no mundo máis galeguistas. Non sabía que tiñamos unha bandeira, un himno e que había publicacións espalladoras desas ideas. Un bon día a fins do ano 20, o meu pai trouxo da casa dun afiador un número de A Nosa Terra que inda hoxe conservo. Para min aquilo foi a revelación de que eu non era un Robinsón do galeguismo”

Curioso se se ten en conta que a familia do autor preséntasenos como unha familia que respectaba profundamente o idioma galego, o que utilizaba como vehículo expresión tanto dentro como fóra da casa, e na que os exemplares de literatura galega poboaban os estantes das súas bibliotecas.

Coa chegada de Florencio a Valdeorras comezou o que para el foi unha época de felicidade e descubrimento. De seguido viuse integrado na vida social de Valdeorras, comezou a traballar no despacho do avogado Don Segundo Trincado como pasante e comezou a formar parte dos grupos xuvenís que tiñan como meta dinamizar social e culturalmente a súa aldea e o val de Valdeorras. Forma parte da creación de asociacións como “La Tertulia” ou o “Liceo Recreativo” a máis de formar varias compañías teatrais e grupos de canto.

Esta época vai coincidir coa súa formación política e moral, comeza a traballar ao lado da Irmandade de Ourense  na creación e cimentación dunha cultura galeguista e autonomista na comarca. Os seus primeiros pasos na política foron da man de seu tío Don Manuel nas eleccións á alcaldía de Vilamartín de Valdeorras o 12 de abril de 1931. Pouco despois comezou o seu traballo no artellamento do Partido Galeguista, no que atopamos ao poeta como elo vencellador entre a elite política ourensá e Valdeorras. Da súa man recibirá Valdeorras ilustres visitas como a de Don Ramón Otero Pedraio ou Alexandre Bóveda, entre outros. Deste traballo político atopamos probas nos xornais da época, nomeadamente no Heraldo de Ourense ou en A Nosa Terra, Como podemos observar nesta primeira parte Florencio non só foi un entusiasta de Valdeorras, da súa cultura e da súa lingua; senón que tamén foi un actor fundamental do devir político que levou a Valdeorras ao carón das elites intelectuais nacionalistas do momento. Exemplo disto é a relación con Castelao que homenaxeará no seu escrito “O soño do guieiro”.

Fonte: https://asletrasdeflorencio.gal/a-sua-vida/

03/03/2022

Día da Muller

 A vindeira semana imos conmemorar o 8M. Día da Muller. Pero, a verdade é que este é un tema que temos que traballar todos os días nas aulas e fomentar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.

O alumnado do centro participou no V concurso de carteles do sobre o 8M que promovía a Secretaría Xeral de Igualdade e... conseguimos o 2º premio da 1ª Categoria.

Parabéns aos nenos e nenas de 1º polo se esforzo e traballo e máis en especial a Nadia Fernández que foi a alumna gañadora.

O martes iremos a Santiago de Compostela participar na entrega de premios... que ganas temos.

Podedes ler a noticia en:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/66456/traballos-escolares-guitiriz-arteixo-porrino-resultan-ganadores-concurso-carteis?langId=gl_ES

https://www.noticiasvigo.es/los-trabajos-de-escolares-de-guitiriz-arteixo-y-o-porrino-resultan-ganadores-del-concurso-de-carteles-de-la-xunta-por-el-8-m/

E, por suposto, o debuxo de Nadia co noso lema: 

A IGUALDADE ESTÁ NAS NOSAS MANS.



27/02/2022

O Entroido de Marcón

 O día do Entroido no colexio rematou... que tristura. Pero debémolo facer moi ben porque a todo o mundo lle gustaron os nosos entroidos de palla, os nosos disfraces, o noso paseo pola contorna... grazas a todos os que o fixestes posible, así dá gusto.

Deixámosvos aquí unhas ligazóns do que foi o día de Entroido no colexio de Marcón.




Na seguinte ligazón, podedes vernos no informativo da TVG. 

E no xornal Pontevedraviva
https://pontevedraviva.com/xeral/83008/escolares-ceip-marcon-recuperan-entroido-tradicional-parroquia/?lang=es 


E na Radio Galega

E seguimos:
E despois de tanta festa é hora de rematar o Entroido. 

Quen se anima???


24/02/2022

Que VIVA o Entroido

 E despois de moito traballar estas semanas no Entroido... por fin... mañá é o gran día.

Así, mañá día 25 de febreiro os nenos e nenas do centro e sos seus profes van saír de desfile polo contorno.

Alumnado e profesorado, contando coa colaboración de familias, ANPA e veciños e veciñas do contorno vai colaborar na recuperación do Entroido tradicional de Marcón. Para isto contamos coas orientacións, axuda e colaboración dos veciños/as da parroquia que formaron parte no seu día desta tradición e da Sociedade Antropolóxica Galega que tenta dende hai anos recuperalo  e recolleu para este fin testemuños da súa celebración.

A alumnado do centro leva xa semanas traballando sobre esta festa tradicional, elaborando o disfrace, informándose das tradicións, elaborando os seus Entroidos de palla, practicando a música e o baile... todo isto coa colaboración do seu profesorado, familias e veciños/as do contorno. 

E para poñerlle o peche ao seu esforzo e festexar o Entroido imos realizar un percorrido polo contorno do centro educativo acompañados polos nosos entroidso de palla e  co traxe típico para recrear o máis fiel posible a tradición.

O alumnado (en compañía do profesorado) sairá do centro educativo ás 10:00 e ten previsto regresar ás 13:30.

Realizaranse 2 rutas diferentes:

-  Unha co alumnado de maior idade (6º de primaria) que irá á zona concreta do Entroido tradicional, no lugar de Pintos. A hora prevista de chegada é ás 10:30 da mañá e permanecerán no lugar percorrendo os camiños veciñais (adxúntase plano) ata as 11:30 para ao remataren volver polo mesmo percorrido ata o Campo da Festa de Marcón.

- Unha co alumnado de cursos inferiores que percorrerá os arredores do centro educativo polos lugares de Pazos, A Valadiña, Pumariño, Valadares (adxúntase plano) ata o Campo da Festa de Marcón.

A chegada ao campo da festa está prevista sobre as 12:00 da mañá e unha vez alí o alumnado merenderá en grupos burbulla.

Ao rematarmos a merenda, a partir das 12:30 o alumnado volverá ao centro educativo realizando o percorrido á inversa.

 

Ante a posibilidade de que os veciños e veciñas agradezan a visita dos nenos/as con alimentos non perecedoiros (tal e como sucedía no Entroido tradicional), está prevista a doazón destes alimentos ao Comedor de San Francisco, que se fará cargo da recollida dos mesmos.


Para realizarmos a saída con total seguridade, o alumnado irá acompañado de todo o profesorado do centro, mantendo os grupos burbulla, e acompañarannos 3 dotacións de Protección Civil.





Que viva o Entroido,
Que viva a compañía...
Que viva por moitos anos,
Que viva o Entroido,


20/02/2022

Día da Lingua Materna

 Hoxe celébrase o Día da Lingua Materna e queremos festexalo como se merece... e que mellor maneira que falando na nosa lingua materna e coñecendo un pouquiño máis que se celebra este día, dende cando, onde, etc.

Gozade coa lectura e lembrade que empregando a nosa lingua contribuímos a preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto tanxible como intanxible.




08/02/2022

Presentación sobre Rosalía de Castro

 Deixámosvos hoxe unha presentación sobre a vida e obra de Rosalía que elaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


Día de Rosalía by Silvia Puga López on Scribd

Día de Rosalia

 A piques estamos de celebrar o Día de Rosalía, e como a conmemoración ben o merece imos ir colgando neste blog algúns recursos para saber máis da nosa escritora máis internacional.

Empezamos cuns poemas musicados.






11/01/2022

CONCURSO DE FOTOS

 Aquí vos deixamos unhas fotos dos gañadores e dos participantes no concurso de fotografía.

En breve teremos lista a exposición no colexio para que todos poidan gozar das fantásticas fotografías do noso alumbado.

Grazas de novo pola vosa participación, así da gusto.








Revista Escolar 2023

 Xa temos aquí a nosa revista escolar do ano 2023. Se a queredes impresa, só tedes que cubrir o seguinte formulario en liña (tardades menos ...