19/12/2021

Chegou o apalpador

Todos coñecemos os personaxes tradicionais do Nadal como son Papá Noel ou Os Reis Magos, pero sabedes cal é o personaxe galego do Nadal? 

Pois si, o Apalpador. 

Seguramente moitos xa sabedes quen é, outros lembrades algunha cousa e algún despistado ou despistada non saberá quen é, así que imos ver unhas cantas cousiñas divertidas sobre el. 

Agardamos que gocedes moito. Adiante!




Podedes atopar moitos máis recursos en:














18/12/2021

Concurso de fotografía

 Moitísimas grazas a todos os nenos e nenas pola vosa participación no concurso de fotografía. 

Temos motísimas fotografías dunha gran calidade e queremos que saibades que estamos moi orgullosos de vós e do voso traballo.

Noraboa a todos, agora quédanos a difícil tarefa de escoller... pero que saibades que todos sodos gañadores/as.

A próxima semana faremos entrega dos diplomas de participación e dos agasallos dos gañadores.

Déixovos unha pequena selección das moitas fotos que temos...









25/11/2021

I Concurso de fotografía "Marcón e o seu contorno, un lugar de foto"

 Dende hoxe ata o 17 de decembro todo o alumnado do CEIP de Marcón pode participar no noso Concurso de Fotografía.


O obxectivo fundamental do concurso é facer reflexionar ao alumnado mediante  a imaxe da riqueza paisaxística, cultural e etnográfica do seu contorno máis  próximo. Así pretendemos que o alumnado capte lugares con encanto,  monumentos singulares, recunchos de seu contorno ou se prefire, as mellores  panorámicas nos lugares máis curiosos presentes no contorno do noso centro. 




A condición máis importante é que Marcón, Tomeza e os seus arredores sexan o  principal escenario, xa que “Marcón e o seu contorno, un lugar de foto” é o  eslogan do concurso de fotografía que quere reunir imaxes do contorno do  centro como unha achega máis ás actividades realizadas polo Equipo de  Dinamización da Lingua Galega. 

Podedes ver as bases do concurso en: https://drive.google.com/file/d/1ITyfbAfs9R2RQP6fE0ZLA2pykImYs1nN/view?usp=sharing

E non dubidedes de poñervos en contacto con nós en edlgmarcon@gmail.com para calquera consulta.

20/10/2021

Benvidos e Benvidas ao cole

Xa estamos volta! O Equipo de Dinamización da Lingua Galega davos a benvida a este novo curso e a este novo blogue e deséxavos un bo inicio de curso. Esperamos que tras este descansiño do verán, veñades coas pilas recargadas e con moitas gañas de gozar. 

Agardamos que gocedes coas nosas propostas e nos acheguedes as vosas suxestións e colaboracións.

Apertas e ata pronto!


Samaín

 Xa está a piques de chegar o Samaín e os nenos/as están moi ilusionados, por iso vos deixamos aquí unhas cancións e uns vídeos que lles gustan moito.

Empezamos polas cancións:








E agora as curtas: 








03/10/2021

Ángeles Alvariño

 Fai hoxe 105 anos nacía en Ferrol Ángeles Alvariño, unha precusora na investigación oceanográfica mundial.

Desde pequena caracterizouse por ter unha grande inquietude intelectual e demostrou unha habilidade especial e gusto pola lectura. Ata 1931 estudou en diversos centros educativos de Ferrol, para despois cursar o Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1933 coas disertacións: "Insectos Sociales" e "Las mujeres en el Quijote".

Aínda que en 1934 comeza os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, estes vense interrompidos polo peche das aulas, motivado pola Guerra Civil. Nese período Alvariño decide mellorar os seus coñecementos de francés e iniciarse na aprendizaxe do inglés, lingua que constituirá unha valiosa ferramenta de traballo na súa futura aventura americana nos Estados Unidos.

Unha vez aberta a universidade, Ánxeles continúa cos seus estudos e en 1941 realiza un Máster en Ciencias Naturais con Honores na Universidade de Madrid. De 1941 a 1948 imparte clases como profesora de Bioloxía, Zooloxía, Botánica e Xeoloxía, en colexios universitarios en Ferrol.

En 1951 obtén o Certificado de Doutoramento en Psicoloxía Experimental, Química Analítica e Ecoloxía Vexetal na Universidade de Madrid. Entre 1950 e 1957 é destinada como bióloga mariño-oceanógrafa no Instituto Español de Oceanografía (laboratorio oceanográfico de Vigo).

Nos anos 1953 e 1954 recibe unha bolsa do British Council para realizar investigacións sobre zooplancto no Laboratorio de Plymouth, Inglaterra, baixo a dirección de Frederick S. Russell e Peter. C. Corbim. Ánxeles Alvariño foi a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica. Participou en varias expedicións e cruceiros científicos no Atlántico e Pacífico, a bordo de buques oceanográficos de Inglaterra, Estados Unidos, España e México.

Durante o período 1956-1957, Ánxeles recibe unha subvención da Comisión Fulbrigth para realizar investigacións científicas sobre zooplancto na Woods Hole Oceanographic Institution (http://www.whoi.edu/), de Massachusetts. Nos anos seguintes segue recibindo subvencións de institucións como a Marine Life Research, a Oficina Naval de Investigacións dos Estados Unidos e a National Science Foundation. No ano 1967 doutórase en Ciencias pola Universidade de Madrid coa tese: "Los Quetognatos del Atlántico. Distribución y Notas Esenciales de Sistemática".

Ánxeles pasa a ser unha muller precursora na investigación oceanográfica española e destacada científica internacional, chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Entre as ditas especies tomamos como exemplo: 1987: Medusa, Pandea cybeles (mar dos Sargazos), 1987: Chaetognata, Spadella pimukatharos (augas da illa Catalina, California), 1984: Sifonoforos, Lensia reticula e Lensia lelouve, 1983: Sifonoforos, Heteropyramis alcala e Thahassophye ferrarii (do Pacífico sur), 1983: Sifonoforo, Nectocarmen antonioi (de augas de California), 1981: Chaetognata, Spadella Legazpichessi (augas das illas Marshall), 1978: Chaetognata, Spadella gaetanoi (augas de Hawaii), 1972: Sifonoforo, Epibulia ritteriana, 1970: Chaetognata, Spadella (augas de Curacao), 1968: Sifonoforos, 2 novas especies, 1967: Sifonoforos, Vogtia kuruae, 1962: Chaetognata, dúas novas especies, 1961: Chaetognata, Sagitta scrippsae e dúas novas especies. Dous exemplares planctónicos levan o seu apelido, o quetognato Aidanosagitta alvarinoae (Pathansali, 1974) e a hidromedusa Lizzia alvarinoae (Segura, 1980).

A partir de 1993 retírase como científico emérito, status alcanzado xa en 1987, e segue publicando os resultados das súas investigacións. A súa obra máis destacada desta época é o estudo sobre a expedición de Malaspina, patrocinado pola Xunta de Galicia. Foi a súa maneira de combater a propaganda dada a Cook como a primeira expedición científica.

Desde Galicia e en recoñecemento á súa importante traxectoria profesional, Ánxeles Alvariño foi distinguida coa Medalla de Prata de Galicia no ano 1993. Así mesmo, despois de que a Universidade da Coruña lle dedicara a Semana das Ciencias en 2005, o Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe póstuma no Campus de Esteiro, onde se descubriu unha placa conmemorativa en honor a unha das mulleres máis destacadas no mundo da ciencia.

Para máis información consultade:



Ligazón á wikipedia

Mulleres con ciencia


29/09/2021

Xeración Eco

 O noso centro ven de pasar a formar parte do colectivo de centros educativos pertencentes á Xeración Eco.

Xeración Eco é unha iniciativa de Ecovidrio dirixida a centros educativos para fomentar unha consciencia sostible. Porque ningunha institución ten tanto poder para cambiar o futuro como unha escola ou un instituto, involucrando ás xeracións máis novas no respecto polo medio

Xeración Eco é un proxecto pioneiro que nace cun obxectivo moi ambicioso: ter un mundo mellor; e o CEIP de Marcón está encantado de sumarse a esta iniciativa e poñer o seu pequeno gran de area.

Xuntos lograremos que o noso mundo sexa cada día un pouquiño mellor.

Para máis información podedes acceder á súa páxina web. https://www.generacioneco.es/es/



26/09/2021

O noso centro

 Se queredes coñecer mellor o funcionamento do noso centro, instalacións, contorno... aquí vos deixamos un vídeo informativo.



O outono

 Encántanos o Outono e imos gozar del todo o que poidamos.









Cancións de asemblea

 Algunhas cancións que empregamos no noso cole durante as rutinas da mañá.

Os días da semana:





Os meses do ano:


Os números:


O alfabeto:


Canción de Bos Días:





Canción para recoller:






A toponimia de Marcón

 Se estades interesados en coñecer máis sobre a toponimia da nosa parroquia, non dubidedes en consultar a Base de Datos de Toponimia do Concello de Pontevedra que foi actualizada recentemente.

Premede na seguinte ligazón e accederedes directamente a ela:



Revista Escolar 2023

 Xa temos aquí a nosa revista escolar do ano 2023. Se a queredes impresa, só tedes que cubrir o seguinte formulario en liña (tardades menos ...