17/06/2023

Revista Escolar 2023

 Xa temos aquí a nosa revista escolar do ano 2023.

Se a queredes impresa, só tedes que cubrir o seguinte formulario en liña (tardades menos de 1 minuto)

https://forms.gle/AbbeYVtZLPYp3dxR6

E se a queredes ver en liña, só tedes que clicar na seguinte ligazón:

1ª parte https://issuu.com/silviapugalopez/docs/revista_final-1-47_compressed

2º parte https://issuu.com/silviapugalopez/docs/revista_final-48-84_c


https://drive.google.com/file/d/1GD7F4_LFdf5t99ZubUzHjGa8pf9G-7kC/view?usp=sharing 


 Agardamos que vos guste

25/05/2023


 Familias!!! Precisamos a vosa colaboración!!!

Xa está aquí o I Concurso de Diseño da portada da  axenda escolar 2023-2024!!!☺

Estas son as bases para participar:


Ánimo coas vosas propostas!!!

16/05/2023

LETRAS GALEGAS 2023

 

LETRAS GALEGAS 2023

 

 O 17 de maio é unha data marcada no calendario para todos os galegos e galegas. É o momento de homenaxear a nosa lingua e a nosa literatura. É o Día das Letras Galegas. E este ano celebrámolo lembrando a figura de Francisco Fernández del Riego, historiador, ensaísta, xornalista, tradutor e novelista. Foi un dos principais impulsores da Editorial Galaxia nos anos 50.


 v      Curiosidades...

Para ser elixida, a Real Academia Galega ten en conta dous requisitos:


 1. Ser autor dunha obra relevante en galego.

2. Que pasaron 10 anos entre a súa morte e a designación para ese día.

 Non todos os autores homenaxeados naceron en Galicia. Un par de exemplos son os casos do rei Afonso X o Sabio, que naceu en Toledo, pero escribiu en galego-portugués.

 

v    E quen será o seguinte homenaxead@?


    Haberá que esperar un ano para sabelo, pero non para celebrar o Día das Letras Galegas, podemos celebralo todo o ano falando galego e lendo a nosa literatura.

 

Feliz día das Letras Galegas a tod@s vós!

 



08/03/2023

 


No CEIP de Marcón conmemoramos o día da muller, enchendo unhas ás con frases escritas polo noso alumnado en relación á igualdade. Estas ás permitiranos voar e alcanzar os soños de cada muller, facendo así homenaxe a todas as galegas, entre elas as mulleres das nosas familias, mestras, etc.





23/02/2023

CEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!

 

Ata o momento, descoñeciamos a data do nacemento da nosa poetisa, Rosalía de Castro. Agora xa o sabemos con certeza, 23 de febreiro! E en Marcón quixémolo celebrar!


Vestidos de Rosalía de Castro e de Manuel Murguía, adentrámonos na súa vida e na súa poesía..

Deixámosvos unhas fotos que resumen a xornada!




10/02/2023

CHEGOU O ENTROIDO!!!

SABES QUEN É O MECO?

 

Nenos e nenas de Marcón!

 

O Entroido está a chegar e as rúas encheranse de escenas lúdicas e espectáculos acompañados de música. Estes desfiles presídeos un boneco chamado “MECO”, que é queimado o mércores de cinza, sinalando así o fin do Entroido e o comezo da Cuaresma. Por qué cinzas? Converter ao Meco en cinzas recordaranos que a vida na terra é pasaxeira, que a vida definitiva se atopa con Deus no ceo.

 

Ao Meco, na zona de Marcón coñécese coma o "Entroido" e visitará o noso colexio, coma soe facer tódolos anos e virá cargado de mandatos a cumprir. Cada día diranos o que temos que traer vestido.

 Así que xa sabedes, estade moi atentos……

 

 

ESTA SEMANA O ENTROIDO MANDA!!


09/01/2023

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

 Estes son os gañadores do concurso de postais de nadal, aos que premiamos cun agasallo.

Xa están gozando das súas lecturas en galego!

Parabéns!


Revista Escolar 2023

 Xa temos aquí a nosa revista escolar do ano 2023. Se a queredes impresa, só tedes que cubrir o seguinte formulario en liña (tardades menos ...